Burela, 16 de febreiro de 2016.- O IES Perdouro de Burela vén de recibir o diploma acreditativo como Finalista Autonómico co seu programa de radio educativa “Proxecto Neo”, proxecto presentado por Bernardo Penabade Rei, Miruca Parga Valiña, Karina Parga Chao, María José Andión Fontela e Jose Ramón Leiva Arrojo, ao Premio á Acción Maxistral 2015. Con data de 22 de xullo souberon que resultaban finalista en Galicia mais non resultaron gañadores. En total, aos premios Acción Maxistral 2015 presentáronse, na súa undécima edición, un total de 534 proxectos educativos de profesores e centros escolares de todo o país que desenvolveron durante o curso 2014/2015 unha iniciativa ou experiencia en infantil-primaria, secundaria ou educación especial.
A Comisión de Avaliación Nacional do Premio á Acción Maxistral 2015, convocada pola Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD), a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO e o BBVA, seleccionou finalista autonómico da súa undécima edición a un proxecto educativo do IES Perdouro de Burela na categoría B correspondente ao Ensino Secundario Obrigatorio e Bacharelato.
O proxecto chamado “Proxecto Neo” centrase na elaboración dun plan de atención específica para a integración do alumnado inmigrante e pretende ademáis reforzar a socialización de persoas en risco de exclusión, fomentar a interculturalidade nos medios de comunicación, concretamente na emisora local “Radio Burela”.
Nesta undécima edición do premio, presentáronse 534 proxectos de profesores e centros escolares de toda España, 39 de Galicia e entre os 7 finalistas autonómicos de Galicia, está o IES Perdouro de Burela.
“O feito de conseguir estar entre os finalistas nun concurso deste tipo para o IES Perdouro, é moi satisfactorio. É un recoñecemento ao traballo desenvolvido por un equipo de docentes en prol da integración e interculturalidade, un traballo as veces ardúo que levamos facendo dende hai varios anos. ” indicou Karina Parga, Vicedirectora do centro burelés. “Este diploma chega no momento en que o noso programa de radio educativa alcanzará mañá as 150 emisións. Proxecto Neo faise ao vivo e en directo todos o mércores de 17h a 18h na emisora do corazón da Mariña, Radio Burela.” explica Mª José Andión, xefa de estudo do Perdouro.






















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



