Santiago, 14 de febreiro de 2016.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, reuniuse este sábado en Vigo coa eurodeputada socialista francesa e membro da Comisión de Pesca da Unión Europea, Isabelle Thomas, para abordar diferentes cuestións relacionadas co regulamento de control da pesca. Durante a xuntanza, a titular de Mar expuxo á eurodeputada bretona, encargada do informe da Cámara europea sobre o regulamento de control, as peculiaridades da pesca en Galicia e do seu sistema de inspección pesqueira e trazabilidade dos produtos da pesca e defendeu a adecuación á actividade da frota galega do regulamento europeo de control da pesca.
A conselleira transmitiu á eurodeputada a disconformidade da frota co regulamento de control en relación á súa operatividade diaria. Rosa Quintana expúxolle a demanda de que esta normativa debe dar solución á situación do preaviso de descarga en porto, que, no caso de Galicia, segue a ser moi amplo, xa que en moitos casos é superior ao tempo de navegación desde o caladoiro. Ademais trasladoulle a necesidade de contemplar medidas de flexibilidade para mellorar a operatividade da frota como a posibilidade de pesar en destino a mercadoría descargada cando se realiza o seu transporte por estrada para a súa venda.
Outra das cuestións que trasladou Rosa Quintana a Isabelle Thomas é a necesidade de mellorar a operatividade dos medios de control da pesca coa elaboración dun plan estatal que permita establecer unha mellor coordinación, establecendo unha distribución da frecuencia e duración das inspeccións nos barcos que non interfira na súa actividade e que sexa acorde con ela, evitando duplicidades de inspeccións no mesmo día ou repeticións das mesmas nun corto período de tempo.
Ademais a conselleira do Mar explicou á eurodeputada o funcionamento do sistema de inspección pesqueira de Galicia, que puido coñecer de primeira man no hangar do helicóptero “Pesca 1” do Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia, no que tamén estivo presente o responsable deste servizo, Lino Sexto. Neste senso, a representante bretona coñeceu a amplitude do labor inspector deste servizo, tanto no número de actuacións como de actividades controladas. Durante o encontro a eurodeputada tamén coñeceu a integración das tarefas que abarca este servizo, de loita contra a contaminación, salvamento marítimo e inspección pesqueira, feito que valorou moi positivamente.
A maiores, a conselleira deulle conta dos datos de descargas de peixe e marisco que se realizan anualmente nas lonxas galegas e explicoulle o sistema de trazabilidade dos produtos pesqueiros que se desenvolve en Galicia e o que se realiza nas lonxas a través dos caixeiros TICPESC -terminais que permiten obter os documentos relacionados coa actividade diaria da pesca, da acuicultura e da primeira venda-.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



