As monitoras do Centro Gaia pertencentes á Delegación de Medio Ambiente de Burela, que dirixe Noelia Ben, acompañaron este martes ao alumnado de 5º de primaria do Ceip Virxe do Carme a facer a Ruta dos Hórreos de Burela. Os rapaces visitaron hórreos situados na Vila do Medio e na rúa Pascual Veiga. As monitoras explicaron as partes dos hórreos (soportes, adornos, teito, etc), os usos, acceso, forma e os materiais empregados para a súa construción. As monitoras de Gaia contaron que “con estas actividades pretendemos dar a coñecer o patrimonio da nosa localidade para que se respecte e se manteña en bo estado”.
