Burela, 24 de marzo de 2016. A Federación Autismo Galicia desenvolverá, ao longo dos vindeiros meses, o programa Coidamos-TEA no concello de Burela e na súa área de influencia, segundo informa a Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Patricia Otero.
O obxectivo de Coidamos-TEA, financiado pola Fundación Barrié e a Fundación Roviralta, e en colaboración co Concello de Burela é proporcionarlle as familias das persoas con TEA un lugar de encontro onde obter información profesional e especializada sobre o autismo e compartir experiencias.
Profesionais especializados de Autismo Galicia serán os encargados de levar a cabo estes encontros mensuais nos que se busca dar una resposta ás necesidades das familias, tales como: apoio no fogar, oportunidade de aprendizaxe, xogo e habilidades sociais, apoio psicolóxico, recursos e axudas sociais, as familias como motor e as súas experiencias.
Este programa Coidamos –TEA é unha oportunidade para mellorar a atención ás persoas con autismo, tanto dende a familia como dende o seu entorno próximo, como son os servizos sociais dos seus concellos.
Estas xornadas que comezan o vindeiro luns, 28 de marzo, terán continuidade nas seguintes datas: 25 de abril, 23 de maio, 20 de xuño, 18 de xullo e 19 de setembro. Estes encontros terán lugar na Aula de Familia sita na Casa da Cultura de Burela, en horario de 18.00 a 19.30 horas.
O Concello sede de ditas xornadas é o de Burela, pero nestes encontros poderán participar, ademais das familias de Burela, familias de Viveiro, Cervo, Foz, Ribadeo e Mondoñedo.
Inscrición
A inscrición pode realizarse no e-mail: apoio@autismogalicia.org ou no número de teléfono: 981 589 365 (de 9.00 a 15.00 horas). A asistencia é completamente gratuíta ata completar aforo.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



