O Espazo de Aprendizaxe e Creatividade Pedagóxica MAUmarela! de Ribadeo impulsa, o vindeiro sábado 12 de marzo, un obradoiro de Esculturas Móbiles baseadas na obra de Alexander Calder para nenos a partir de 5 anos de idade, que poden asistir acompañados dun/ha familiar adulto/a.
No taller os/as participantes realizarán un móbil que levarán para a súa casa. No mesmo os/as participantes aprenderán a xogar co equilibrio e as relacións espaciais creando unha obra persoal cun alto contido estético que poderán disfrutar tanto maiores como pequenos nos seus fogares.
O obradoiro enmárcase dentro da liña de Tallers Low-Cost de MAUmarela e desenvolverase entre as 12.00 e as 14.00 horas. O prezo é de 8 euros por neno ou nena ou 12 no caso de participar acompañado ou acompañada dun adulto.
Para apuntarse só hai que enviar un whatssap ou chamar ao número 635 590 560, enviar un mail a maumarela@gmail.com ou no centro situado na rúa Rodríguez Murias, 8, 1º andar (Ribadeo).