O CC. 7Voltas organiza a VI Ruta Rei Cintolo o 8 de maio ás 10.00 horas con saída dende a Praza da Catedral que inclúe a segunda proba do Open de Galicia Btt Maratón e unha ruta cicloturista.
A ruta consta dun recorrido de 35 km e un desnivel acumulado de 1200 m nun circuíto ao que se deberán completar dúas voltas. Establecese un fora de control de 2 horas e 30 minutos no quilómetro 35 da proba. As categorías admitidas serán: feminina, Elite/sub23, Master 30,40,50/60 e cicloturista.
A inscrición e o pago farase a través da web www.championchipnorte.com. Será obrigatorio presentar a licencia en curso. O prezo da inscrición será de 15 euros ou 25 con dereito a comida; mentres que no caso de non federados o prezo será de 30 euros so ruta e con dereito a comida, 40. O prezo da comida para os compañantes será de 10 euros, mentres que os menores de 12 anos poderán asistir de xeito gratuíto.
A retirada de dorsais realizarase o sábado 7 de maio de 19.00 a 21.00 horas na Casa da Cultura (rúa Alfonso VII) 3º piso, ou o día da proba de 08.00 horas a 09.30 horas na praza da Catedral.
Coa inscrición os participantes teñen dereito a: toma de tempos con chip, trofeos para os tres primeiros de cada categoría, obsequio para os 300 primeiros inscritos, avituallamento no percorrido e ao final da proba, lavado de bicis, duchas, vehículos de recollida durante a proba, servizo de ambulancia e médico e comida prevista para as 15.00 horas.
A orde de posición na parrilla determinarase pola clasificación xeral individual do Open. Os 25 primeiros clasificados ocuparan as 25 primeiras posicións e o resto de participantes colocaranse a continuación por orde de inscrición.