Burela, 21 de marzo de 2016. Por terceiro ano consecutivo o Concello convoca os Concursos de Lemas e de Debuxo-Pintura coincidindo co 21 de marzo, Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial.
Segundo explica Angélica Gómez, concelleira de Cooperación e Inmigración, “no III Concurso de Lemas poderán participar todas as persoas empadroadas no Concello de Burela e /ou escolarizadas en calquera dos centros educativos do municipio, debendo presentar un lema significativo e relacionado co tema proposto e o gañador será o que distinga a celebración deste día para o próximo ano”. O autor/a do traballo gañador recibirá un premio valorado en 50 euros.
A edil socialista indica que “o III Certame de debuxo-pintura está dirixido aos mesmos participantes e haberá dúas categorías, por grupos de idade, e unha categoría especial para membros da Asociación A Mariña e Eu Son. Unha das categoría será para nen@s de 6 a 12 anos e outra para maiores de 13 anos”. Haberá un premio por categoría, que consistirá na publicación dos debuxos seleccionados e tres agasallos valorados en 50 euros cada uno.
O prazo de recepción de orixinais dos dous concursos remata o 22 de abril. As bases poden ser consultadas nas dependencias do Programa de Atención a Inmigrantes.
Angélica Gómez sinala que “con estas actividades o que pretendemos é traballar no fomento de igualdade e da non discriminación racial”.
Na entrada da Casa do Concello haberá tamén un libro de firmas “para poder deixar a nosa mensaxe de non discriminación, algo ilustrativo sobre este asunto”.