Lugo, 30 de marzo de 2016.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Lourenzá demandoulle no último pleno ao Concello que atenda ás peticións dos veciños sobre servizos básicos como son a de corrixir deficiencias no alumeado público ou a do arranxo de infraestruturas viarias.
A voceira popular, Emma Álvarez Chao, anuncia que o seu grupo está a trasladar estas demandas dos laurentinos ao Goberno local mediante rogos. En concreto, na última sesión o Grupo Municipal do Partido Popular solicitou que se lle dea unha solución “rápida” e “urxente” aos problemas de iluminación pública que están a sufrir na rúa Montero Villegas, na Avenida de Soutelo e nos accesos ao campo de fútbol municipal.
Álvarez Chao explica que na rúa Montero Villegas atópanse a metade dos focos públicos “fundidos ou apagados dende fai preto de dous meses”, ademais de que se están a producir cortes continuados de luz. No que respecta á avenida de Soutelo, que é a entrada ao casco urbano, “a partir das once da noite están apagadas practicamente todas as farolas xa que as que quedarían acesas están fundidas”. No acceso ao campo de fútbol, os populares tamén urxen a posta en funcionamento dos focos ao ser “unha zona moi transitada por adolescentes”.
De igual xeito, dende o Grupo Municipal do Partido Popular trasladaron un rogo no que instan ao Concello de Lourenzá a que inicie os trámites necesarios para arranxar de “xeito inmediato” a estrada coñecida como Camiño A, que comunica as parroquias de San Xorxe e San Adriano e que se converte no principal enlace entre a localidade e os municipios da Pontenova e de Riotorto. “Trátase dunha continuidade dun estrada da Deputación, que presenta un estado lamentable. Solicitamos en varias ocasións que a administración provincial se fixese cargo deste treito, sen ter unha resposta. Dado isto e tendo en conta que coñecemos as vías que se arranxarán con cargo ao Plan Marco da Xunta de Galicia entre as que non figura o Camiño A, rogamos que o Concello realice os trámites necesarios para garantir a seguridade dos vehículos que transitan por esta vía”, indica Álvarez Chao.
A voceira dos populares agarda que os socialistas muden o seu comportamento e atendan aos rogos do PP que “son as peticións que lles trasladan os veciños” xa que “en dez meses de Goberno desoíron de xeito continuado estas demandas, mentres o Concello vive na parálise absoluta”.
Así, Álvarez Chao lembra que non atenderon a peticións como a do inicio do expediente de ruína e posterior demolición da vivenda situada no Campo da Feira e coñecida como a Casa de Froilán; a reposición dos cristais do quiosco da música para evitar o risco que esta situación entraña para os pequenos que utilizan o lugar de xogos; o mantemento en bo estado da Ruta de Senderismo Val de Lourenzá ou que se reparen as vallas de madeira da área do Ranchito.





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



