Viveiro, 11 de marzo de 2016.- O Grupo Municipal do PP de Viveiro pregúntalle ao PSdeG se obrigarán á rexedora a que cumpra o código ético dos socialistas no que aseguran que non formará parte do partido aquel membro de Goberno que sexa investigado pola xustiza sempre que se lle abra xuízo oral, como é o caso da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, quen prestará declaración o vindeiro 7 e 8 de xullo acusada dun presunto delito continuado contra la ordenación del territorio
O voceiro dos populares no Concello, Antonio José Bouza Rodil, quere saber en qué situación vai quedar o Goberno local e se o PSdeG aplicará un código ético “de quita e pon” en función dos intereses do partido. “Se renuncia á súa condición de concelleira do PSOE e non vale para estar no partido, por que vale para estar na Alcaldía?”, inquire o popular.
Os populares esperarán ao xuízo para facer outro tipo de valoracións, pero consideran que politicamente “merecemos ter respostas”. “Non imos prexuzgar a ninguén, pero si que nos gustaría saber en qué situación quedará o Concello se o PSOE lle impón o cumprimento do código ético, como se fixo con outros casos similares, como o de Pachi Vázquez ou o ex alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, aos que obrigaron a dimitir.
O Grupo Municipal do PP quere saber, ademais, se Besteiro pensa tomar cartas no asunto ou vai facer a vista gorda cunha persoa que ademais é deputada con responsabilidade nunha área de Goberno provincial.
Os populares consideran a situación é “o suficientemente grave”, posto que o fiscal pide 15 meses de cadea e 8 anos de inhabilitación para cargo público, como para que o PSdeG e a propia rexedora se pronuncien e aclaren a situación.