Lugo, 22 de marzo de 2016.- O Grupo Provincial do PP censura que o bipartito na Deputación convoque para este mércores a comisión dos Orzamentos, como paso previo á súa presentación no Pleno do vindeiro martes, sen ter atendido as demandas que se lle teñen feito. “Convocan a comisión cando saben que non existe acordo porque non incorporaron as nosas demandas nin os acordos aprobados anteriormente”, explica a voceira dos populares, Elena Candia.
A voceira do Grupo Provincial do PP asegura que o seu partido non avalará unhas contas que non inclúan os compromisos cos concellos da provincia e que non dean resposta ás súas principais demandas e necesidades. “Non imos pasar por iso, polo que lamentamos que estando xa advertidos decidan seguir adiante co paripé que están a montar”, replica Candia.
Os populares sosteñen ademais que na proposta do bipartito non se atopan os fondos comprometidos, como son aqueles destinados ao POS ou á axuda no fogar. Tampouco as residencias aprobadas por SUPLUSA nin as partidas para áreas industriais en diferentes concellos da provincia.
Por iso, Elena Candia lamenta que o Señor Campos pretenda dar ‘un falso golpe de efecto’ levando unhas contas que non foron negociadas co principal partido da oposición e co único que está a velar “porque esta provincia se sume ao motor do crecemento económico e non siga na parálise que vive co goberno do PSOE e o BNG”.
“Que non digan que convocan cando existe un acordo co PP, porque este grupo non vai apoiar ningunha proposta que deixe de lado aos concellos desta provincia e, polo tanto, non existe ningún tipo de acordo. Non será o PP o que discrimine aos nosos concellos, serán eles os únicos responsables”, explica a voceira.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



