Burela, 31 de marzo de 2016. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, fai un balance positivo da Semana Santa. Segundo os datos facilitados este xoves polo Concello a ocupación hoteleira situouse entre o 80 e o 92% durante eses días, “os de máis presenza de visitantes corresponderon ás xornadas festivas”.
O edil socialista sinalou que “estamos satisfeitos cos datos de ocupación hoteleira desta pasada Semana Santa. O traballo realizado nos últimos meses comeza a dar os seus froitos, tal e como demostran estas cifras”.
Polo barco museo Reina del Carmen pasaron do Xoves Santo ao Domingo de Pascua 324 persoas. Durante os vindeiros meses poderase seguir visitando en horario de mañá e de tarde de martes a sábados (ambos incluídos). Fernández Rey explicou que “o obxectivo é que en tempada alta (no verán) se poida visitar todos os días da semana de maneira ininterrumpida, isto dependerá dos Plans de Cooperación que a Xunta de Galicia acorde co Concello de Burela e da dispoñibilidade de persoal que nos poidan dar os devanditos plans, dos que tamén depende a apertura da Oficina de Turismo”.
A Concellería de Turismo agradece tamén “o traballo realizado pola comisión organizadora da Semana Santa en Burela. A programación resultou atractiva e gustou moito á xente, tanto á do noso pobo como á que nos visitou eses días”.
O Concello seguirá a traballar para potenciar Burela como destino turístico. De feito hai unhas semanas presentou a súa nova marca BurelaBonita e todo o material que se empregará para divulgar os atractivos do municipio, así coma a páxina web www.turismoburela.org.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



