Ribadeo, 9 de marzo 2016.- Ribadeo acollerá este domingo,13 de marzo, os actos de celebración do patrón dos bombeiros, San Juan de Dios, que se desenvolverán no parque de San Francisco e este mércores foron presentados polo alcalde de Ribadeo e polo Sarxento do Parque de Bombeiros de Barreiros.
O alcalde, Fernando Súarez Barcia, valorou “positivamente que escolleran Ribadeo para a celebración do patrón neste ano e brindamos a colaboración de dialogar coa persoa que nos presta este edificio que está moi céntrico aquí no parque de San Francisco, no que precisamente o día despois deste simulacro van empezar unhas labores de demolición por rehabilitación integral e estrutural do edificio. Polo tanto parecíanos que era moi apropiado o entorno para facer un simulacro dunha excarcelacion e dun rescate”.
O rexedor salientou que “queremos contribuír a poñer en valor o traballo que fan os servizos de bombeiros como o que temos aquí na Mariña moi importante e tamén para poñer en valor o traballo que fan outros corpos de seguridade como a Policía Local, os voluntarios de Protección Civil ou a Garda Civil”. O alcalde lembrou que “teño un especial recordo positivo de cando dunha maneira totalmente altruísta e colaborativa tanto desde o Concello de Ribadeo como do Parque de Bombeiros de Barreiros acudimos a ese gran incendio que tivemos ao outro lado da ría na Caridad e como todos os medios eran poucos ofrecémonos a colaborar e levamos todo canto material puidemos. Agora co seu patrón están eles aquí para que a veciñanza poida ver toda esta maquinaria, os vehículos de extinción e escadas e ver as actividades que eles fan ademais das charlas informativas que veñen moi ben sobre todo para cuestións que se producen moitas veces como incidentes de caldeiras, de bombonas de butano ou chemineas que se incendian por non limparlles ben o hollín”.
Fernando Suárez convida a “toda a cidadanía este domingo a que se achegue ata o parque para ver algunhas das actividades formativas ou de impacto que vai haber”.
Pola súa banda o Sarxento do Parque de Bombeiros de Barreiros, Fernando González, detalla que “aunque la celebración del día del atrón de los bomberos, San Juan de Dios, es el día 8 de marzo lo celebramos el 13 porque es el fin de semana más próximo. Los actos van a consistir en una jornada de prevención en la que desde las diez de la mañana hasta la una va a haber una exposición de todo lo que son los vehículos de emergencias no solamente del Parque de Bomberos de Barreiros, sino que también posiblemente que estén bomberos de Asturias, ambulancias del 061, Guardia Civil, Policía Local de Ribadeo y Protección Civil de Ribadeo”.
Fernando González engadiu que “a partir de las once de la mañana habrá una charla de prevención en la Casa del Mar y a las doce una misa en honor a nuestro patrón. Después haremos un simulacro con diferentes actuaciones que llevamos a cabo todos los días en nuestro trabajo. La primera será un rappel desde el vehículo escalera de varios bomberos que harán distintas maniobras, después habrá una excarcelación de un coche y otro grupo realizará un rescate de una vivienda derrumbada por medio de una tirolina sacada en camilla desde la ventana y acompañada por un rescatador”.
O Sarxento do Parque de Bombeiros de Barreiros agradece “al Ayuntamiento de Ribadeo toda la colaboración que nos ha prestado, ya que desde el primer momento que se lo comentamos nos ha puesto todo a nuestro favor y nos ha dado todas las facilidades para poder realizarlas. Esperemos que todos los mariñanos se animen el domingo a ver un día distinto y ver a todos los cuerpos de emergencias que trabajamos unidos todo el año vernos juntos un día más”.
Fernando González explicou que “el día del patrón el año pasado se celebró en Foz, pero este año queremos hacerlo en Ribadeo entre otras cosas porque hemos estado trabajando con bomberos de Asturias en el incendio que hubo en La Caridad y un poco para que ellos también, si quieren, puedan participar en este día. Somos dos parques de bomberos muy próximos, pero muy separados a la vez por estar en dos comunidades distintas pero creemos que es muy bueno que trabajemos unidos porque al final coincidimos en muchas zonas tanto Asturias como Galicia. En ocasiones tenemos que trabajar mano a mano”.
O Sarxento do Parque de Bombeiros de Barreiros referiuse á posibilidade de que durante esa xornada festiva se poida producir algunha incidencia e dixo que “estamos preparados, las emergencias siguen cubiertas y los bomberos de Barreiros vamos a participar a nivel voluntario la mayor parte de ellos y la guardia estará también presente y en caso de que tengan que asistir a una emergencia estarán preparados también para ello”.






















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



