Cervo, 23 de marzo de 2016.- Ante as declaracións do delegado de Cultura da Deputación, o nacionalista Xosé Ferreiro, feitas públicas este mércores, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, manifestou que está disposto a falar con outras administracións sobre a compra dos terreos para ampliar o Museo do Mar, de San Cibrao. Pero o rexedor municipal recorda que a corporación cervense aprobou por unanimidade unha moción presentada polo BNG para esa parcela fora adquirida pola Deputación Provincial.
“Ante as declaracións de responsables do BNG na Deputación Provincial de Lugo para que nos sentemos a Deputación, o Concello de Cervo e a Xunta para falar da adquisición dos terreos colidantes ao Museo do Mar, digo o que xa comentei hai un par de meses: estamos dispostos a sentarnos a falar, só faltaría, porque eu creo que é importante que entre as distintas administracións sempre se fale e se poñan de acordo á hora de intentar traballar para o ben común; e neste caso o ben común é que eses terreos sexan adquiridos para ampliar o Museo do Mar. Pero eu xa daquela comentei que primeiramente téñense que poñer de acordo o BNG de Cervo e o da provincia, porque quero recordar que a proposta do BNG de Cervo, xa hai uns anos, aprobouse unha moción por todos os grupos da corporación municipal para pedirlle expresamente á Deputación Provincial de Lugo que adquirira eses terreos”, explicou Alfonso Villares.
E o alcalde de Cervo engadiu: “por iso lles digo aos representantes do BNG na provincia que falen cos seus compañeiros de Cervo e se realmente van cambiar a postura ou a proposta que fixeron hai uns anos que o manifesten publicamente. E unha vez que entre eles se aclaren nosoutros claro que estamos dispostos a sentarnos para falar, só faltaría”.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



