Barreiros, 1 de abril de 2016.- O facultativo Javier Fernández Couce, médico de Urxencias no Hospital da Costa de Burela, impartiu este xoves unha charla-taller de Primeiros Auxilios, destinada a familias, profesores, alumnos e persoal de Comedor. Nela transmitiu importantes nocións para saber actuar ante unha emerxencia, como un accidente, un paro cardiorrespiratorio ou un atragantamento. O taller foi moi entretido, práctico e participativo.
