A ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL A MARIÑA, integrada na Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (Saúde Mental Feafes Galicia) está a participar nunha viaxe ao Balneario de Cuntis, unha actividade na que partipan en torno a 40 persoas con enfermidade mental, de diversos Centros de Galicia, acompañados dos respectivos monitores.
Este xoves voltarán desta experiencia moi satisfeitos, cun planing de actividades moi interesante. Concretamente, disfrutaron das actividades propiamente ditas do balneario, o maior balneario de toda Galicia, xa que ademáis da piscina terapéutica ten máis de 40 cabinas individuais de tratamento, con baños de hidromasaxe e aeromasaxe, chorros, parafangos, duchas circulares, entre outros servizos, e ademais todos enmarcados nun entorno enmellorable.
Así mesmo, visitaron moitos lugares da zona e hoxe están a disfrutar do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, lugar que ofrece un conxunto moi heteroxéneo de actividades , que pretenden ofrecer contidos patrimoniais e experiencias de unha forma didáctica, lúdica e participativa.
Entre outras actividades poderán deleitarse, na tarde deste xoves, cunha “exhibición de fuego”, e unha gran comida de confraternidade entre todolos asistentes . Outras actividades que se poden facer alí son cazar con arco , fabricar obxetos de cerámica, como nas idades de bronce, facer calcos de petroglifos como os arqueólogos, entre outras….
Aproveitando a ocasión, e como Directora Técnica Xeral de tódolos dispositivos da Asociaión de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña” quero facer fincapé na importancia destas actividades, todas elas encamiñadas a mellorar a calidade de vida dos nosos usuarios, e destacar que ademais de loitar contra o estigma social, as persoas diagnosticadas de enfermidade mental, con un tratamento axeitado e cos apoios necesarios, ousexa, un tratamento integral, poden recuperar as súas habilidades sociais e reintegrarse plenamente na sociedade.