Cervo, 28 de abril de 2016.- As asociacións culturais Fervenza de Sargadelos e Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello de Cervo, programan para o 7 de maio, sábado, un conxunto de actividades gastronómicas e musicais ao longo de todo o día. A concelleira de Cultura, Dolores García; o presidente de Airiños do Xunco, Rafa Blas; o de Fervenza de Sargadelos, Xosé Fernández; e outros membros destas entidades deron a coñecer este xoves o cartel e o programa da décima Festa Exaltación da Carne de Porco e segunda Foliada, que se celebrará na praza do Souto de Cervo.
As actividades comezarán ás 12 do mediodía cunha master class infantil de pandeireta e canto e ás 13 horas empezará a sesión vermú. De forma paralela nos bares e restaurantes participantes poderanse degustar diferentes especialidades de carne de porco. Así no Bar Figuerido ofrecerán morro ao caldeiro e carrilleiras estufadas; no Bar O Zoco haberá tostas de lacón con pementos de piquillo e costelas picantonas; no Caseto de Copa servirán lacón e callos; mentres na Pousada O Almacén haberá manitas e tapa canibal.
Pola tarde continuarán as actividades coas clases de iniciación ao baile tradicional a partir das 18 horas. E as 20 horas empezará a exaltación da costela de porco con racións que incluirán costela, chourizo, pan, viño e cazola por 7 euros. A partir das 20.30 horas actuará Cé Orquestra Pantasma e ás dez da noite comezará a Foliada coa participación dos grupos A Rebolaxe, de San Cibrao; Ledicia, de Burela, e Airiños do Xunco, de Cervo. E ás doce da noite haberá queimada popular.























O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



