Lugo, 29 de abril de 2016. O sector agroalimentario galego será o protagonista do último almorzo coloquio que a Federación Galega de Jóvenes Empresarios (FEGAXE – AJE Galicia) organiza o vindeiro venres 6 de maio en Lugo. A visión que os novos empresarios e emprendedores teñen sobre o sector e o seu futuro máis inmediato serán o fío condutor dun almorzo no que participarán entre outros a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e a presidenta de AJE Galicia, Carmen José López.
A Ferretería Eventos & Co acollerá un almorzo coloquio que “pretende poñer en valor o sector agroalimentario galego e, ao mesmo tempo, presentarnos dun modo moito máis atractivo as oportunidades que o rural nos ofrece”, explica a presidenta de AJE Galicia. Ninguén pon en dúbida a condición estratéxica, tanto desde o punto de vista económico como social ou mesmo cultural, do sector primario na nosa comunidade, engade López. E, é por iso que, eventos como este fanse cada vez máis necesarios para crear sinerxias entre empresarios, sensibilizar ás administracións e para facilitar tamén unha recuperación económica plena, engade.
A calidade, a innovación e a internacionalización son, segundo a presidenta de *AJE Galicia, os tres alicerces sobre os que sustentar o crecemento do sector agroalimentario galego. Para Carmen José López, a calidade das nosas materias primas é “un elemento diferenciador que nos abre, en moitos casos, a porta a mercados ata agora non explorados”. É por iso que, ao seu xuízo, a administración e as asociacións empresariais deben continuar apostando pola prestación de servizos de asesoramento a pequenas empresas e a cooperativas do sector agroalimentario para que estas poidan acceder máis rapidamente ao seu mercado obxectivo.
Promover iniciativas empresariais a través de programas de emprendemento e apoiar, por exemplo, a aqueles proxectos de investigación que perseguen a recuperación de produtos autóctonos son tamén para a presidenta de AJE Galicia ferramentas “moi válidas” para potenciar o sector agroalimentario e impulsar a economía galega.
Información e inscricións
Os empresarios do sector agroalimentario interesados en participar en leste almorzo coloquio teñen ata o mércores 4 para inscribirse. Poden facelo chamando ao 982 224 699 / 608 905 804 ou ben enviando un correo electrónico cos seus datos persoais a gerencia@fegaxe.com. Tamén poden contactar directamente con AJE Galicia a través do seu perfil en Facebook.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



