GUERRERA tamén estará na terceira edición do festival Osa do Mar. Trátase, ademais, dunha banda que repite, xa que foi un dos pratos fortes da primeira edición.
GUERRERA nacen a finais de 2009 cando Hugo, Álex e Luís (tamén xuntos nun Lobo Na Gaiola) empezan a ensaiar como trío de 2 guitarras e batería centrando a súa música no blues rock, o stoner e a psicodelia dos anos 70. Despois duns cuantos concertos por Galicia, Álvaro únese á formación ao baixo e entran con total decisión a gravar o seu álbum de debut, “Under The Gypsy Sun” en marzo de 2012. A gravación foi un “Live in Studio” con cámaras e completamente en directo nos estudos Planta Sónica II de Vigo. Antes de de editar o disco convidaron a tocar no 1er aniversario do Liceo Mutante (agosto de 2012) aos Fistin«Brothers: Rubén (steel guitar) e Xavi (teclados) da banda viguesa Cró! coa idea de facer algo especial. A proba sae tan ben que quedan na banda para tocar na maioría dos concertos. En decembro de 2012 a banda consegue financiar a edición do disco mediante crowdfunding e decide levar a cabo unha edición exclusiva de 320 copias en vinilo con cartafol serigrafiada a man. En 2013 despois de percorrer toda Galicia, o grupo anímase a saír a tocar por toda a península conseguindo gran acollida de público e crítica, e mesmo a chamada de varios festivais en Galicia (Arteficial, triciclo, Mareira), Portugal (Sonicblast) ou un triunfal paseo ata o BAM de Barcelona. En decembro de 2013 Matapadre chama á porta do grupo para afrontar unha nova etapa e a formación entra a gravar o seu segundo disco nos estudos Montealto da Coruña. A proposta, que nun principio vira en torno ao stoner e a psicodelia, adquire novas tinguiduras e ramificacións que sen dúbida deparan un futuro brillante para a banda galega. Esta última sospeita vai tomando forma en xaneiro de leste mesmo ano, cando xunto a outros compañeiros da Metamovida (Cró!, Unicornibot e a Orquestra Metamovida) conseguen un cheo histórico na mítica sala Capitol de Santiago de Compostela. Mauna Loa é o seguinte paso dun grupo que non pode máis que crecer e coa que temos no depósito grandes dose de ilusión para o futuro”.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz



