Ribadeo, 2 de abril de 2016.- O deputado de AGE no Parlamento Galego, Antón Sánchez, realizou unha visita á Mariña de Lugo para coñecer de primeira man algunhas das poblemáticas e amenazas que afectan ao patrimonio natural e cultural da comarca.
Nesta visita mantivo reunións con persoas e colectivos que están a traballar na defensa do patrimono colectivo, e en concreto coa plataforma “Mariña Patrimonio” e con persoas que se opoñen á privatización do espazo da Illa Pancha de Ribadeo.
Con respeito a este tema, Antón Sánchez ten presentado unha pregunta parlamentar para que a Administración autonómica se manifeste ao respeito da posible transformación dese enclave nun espazo hostaleiro de xestión privada.
Con “Mariña Patrimonio” abordouse o tema do abandono do patrimonio arqueolóxico que sofre a nosa comarca.