O Burela Pescados Rubén logra unha brillante vitoria por 3-1 ante o Universidade de Alicante que deixou boa imaxe en Vista Alegre pero claudicou ante bo xogo local. Con este resultado o conxunto mariñao déitase como líder á espera do resultado que depare o enfrontamento deste domingo entre Alcorcón e Atlético de Madrid.
O inicio da contenda foi trepidante cun Burela Pescados Rubén a ritmo de tambores que logrou plasmar o seu dominio con eficacia. Maite inaugurou o marcador (1-0) e sen que as alicantinas lograsen repoñerse do primeiro envite Peque cun disparo afastado marcou o 2-0. Con apenas cinco minutos de partido o Universidade de Alicante víase obrigado a unha remontada complexa, Txitxo gozou dunha boa ocasión pero o seu disparo foise ao pau. Apertou o Universidade de Alicante e noutra ocasión o pau evitou que se comprimise o marcador. A reacción levantina foise desvanecendo cando o Burela Pescados Rubén atopou a serenidade para anulala. Aos poucos, as burelistas manexaron con maior solvencia a saída de balón e a xerar ocasións aínda que lle faltaba sumar un terceiro tanto para noquear ao seu rival.
Ao descanso chegouse con 2-0 e na continuación as mariñás mantiveron o control dun partido intenso no que ningún contendente se podía despistar. A mellor ocasión tívoa Peque que no man a man ante Jennifer executou unha preciosa vaselina que non entrou por moi pouco. O terceiro tanto laranxa resistíase e o Alacante aproveitou a súa oportunidade para recortar distancias (2-1) e poñer máis pementa no partido. Lara Terrés finalizou unha boa xogada colectiva e canalizou a ofensiva visitante para buscar un empate que rondou por Vista Alegre ata que apareceu o oportunismo de Dany para asinar o 3-1 e tranquilizar á grada local, minuto 37. Acto seguido intentouno o Universidade de Alicante con xogo de cinco pero sen éxito. O Burela defendeu a súa renda con orde e conquistou tres importantes puntos na carreira polo título ligueiro.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Andrea, Bea Mateos, Maite, Peque, Dany –cinco inicial- Gaby, Ceci, Claudia.
Universidade de Alicante: Jennifer, Lara Terrés, Txitxo, Sara Navalón, Rocío Gracia –cinco inicial- Mónica Castillo, Paola, Ana María, Ángeles, Paula.
Goles: 1-0, m.3, Maite; 2-0, m.4, Peque; 2-1, 33, Lara Terrés; 3-1, m.37, Dany.
Árbitros: Feliz Otero, González Armada. Colegio gallego. Cartón amarelo a Bea Mateos, Maite del Burela Pescados Rubén e a Sara do Universidad de Alicante.
Incidencias: Partido correspondente á 23ª xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 400 espectadores.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
