Burela, 29 de abril de 2016.- Vista Alegre viviu unha tarde de brillo laranxa na despedida da tempada. Os de Daniel Ibañes competiron para gañar fronte a UMA Antequera; remontaron o rápido gol dos andaluces e ampliaron distancias ata 5-3 soñando co premio do playoff que finalmente caeu en mans do Peñíscola con empate ante Magna Gurpea.
A pesar de levar a batuta desde o inicio os de Daniel, foron os andaluces os protagonistas da estrea, con Miguel Conde, xa no minuto 3. O Pescados Rubén mantivo control e posesión ante un UMA ben plantado; Chano avisou pouco despois ao traveseiro e Iago Míguez topándose con Fali, pero a defensa sureña nada puido facer fronte ao mísil de Petry desde os once metros. Un gol que valeu o empate no que o brasileiro se tivo que retirar por molestias nunha perna. Co paso dos minutos os andaluces replegaron filas, xerando perigo á contra. Álex sacou unha man prodixiosa fronte a Luciano e continuou en busca do gol o Burela FS; Chano volvía facer tremer os paus á escuadra no 16. A falta de pouco máis dun minuto para o descanso, Vista Alegre estalou de xúbilo co gol de Bellvert que fixo oco desde a banda para plantarse sen contemplacións fronte a Alberto e superalo.
O pau encargouse de desbaratar o terceiro dos mariñáns, cunha vaselina de Isi, xa no minuto 23. Mantivo o electrónico sen alterarse Álex pouco despois impasible ante dobre fogonazo de Tete. Meteron unha marcha máis os de Daniel no asedio da rede de Antequera; tras contra de Chino, no 25, e chegada dubitativa de Antoñito no 26, o 23 laranxa tan só tivo que empuxar unha brillante xogada individual de Iago Míguez para subir o 3-1 (minuto 27). Unha das Xoias Laranxas, Renato, ampliou a brecha no minuto 33, de rexeite. Reaccionou o UMA con xogo de cinco acto seguido. Tras falta de Jorge Bellvert, Tete reduciu distancias no 34, de dobre penalti. Apertou as cousas Antequera, gozando das súas mellores ocasións, con Fali anotando o 4-3 (minuto 35) desde a frontal nun rexeite. Volveu o frenesí para a Marea Laranxa a falta de pouco máis de tres minutos co 5-3 de Jorge Bellvert, asistido por Antoñito. Todo estaba de fronte, pero a falta de 1 minuto 21 segundos Peñíscola empatou 4-4 en casa do Xota e fíxose co máis que merecido premio da Familia Laranxa.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Álex, Iago Míguez, Petry, Jorge, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Chano, Iago Rodríguez, Isi, Chino, Renato, Carlitos
UMA Antequera: Alberto Porcar, Cecilio, Miguel Conde, Javi Sánchez, Tete, cinco inicial; tamén xogaron Claudio, Javi Atienza, Armando, Fali, Crispi, Luciano
Goles: 0-1, minuto 3, Miguel Conde; 1-1, minuto 6, Petry; 2-1, minuto 18, Jorge; 3-1, minuto 27, Antoñito; 4-1, minuto 33, Renato; 4-2, minuto 34, Tete (dobre penalti); 4-3, minuto 35, Fali; 5-3, minuto 36, Jorge
Árbitros: Contreras Tejedor // Pérez Álvarez (Castela e León). Por Burela FS, amarela a Iago Rodríguez (minuto 13), Isi (minuto 29), Álex (minuto 35), Iago Míguez. Por Antequera amarela Cecilio
Incidencias: Partido correspondente á 30ª xornada da Primeira División da LNFS disputado en Vista Alegre. Ao redor de 900 espectadores.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
