A FAPACEL este sábado 16 de abril dará unha charla-coloquio ás 11.00 horas a cargo de Marta Rodríguez Engroba da asociación contra a violencia de xénero SÍ, HAI SAÍDA, e a colaboración do corpo da Policía Nacional de Lugo, no CENIMA DE FOZ.
O relatorio englóbase dentro das actividades organizadas por FAPACEL (Federación provincial de ANPAs de centros públicos de Lugo) en relación co tema Educar en igualdade.
A familia, a escola e a sociedade son os tres ámbitos nos que se educan os nosos fillos e fillas, e nos tres hai que loitar para sensibilizar e dar visibilidade a algo tan tremendo como é o asasinato de mulleres, e os seus nenos e nenas todos os anos, ademais dos milleiros que sofren e teñen medo ou temen pola súa vida todos os días. Isto, froito dunha sociedade machista que entende a relación de parella como unha relación desigual de dominación.