Cervo, 28 de abril de 2016. O auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao acollerá o sábado 30 de abril, ás 20.00 horas, un espectáculo de flamenco dentro da programación “Cervo, a carón da cultura” organizada polo Concello para este mes de abril.
Neste espectáculo actuarán o guitarrista gaditano Miguel Flores, a cantaora coruñesa Sandra Calderón e o bailaor Isaías Salazar, natural de Ferrol.
A concelleira de cultura cervense, Dolores García Caramés, explicou que “con este acto aproveitamos para celebrar o Día Internacional da Danza, que se conmemora este venres 29, cun espectáculo de flamenco, algo que é pouco habitual nesta zona”.
A entrada para asistir ao espectáculo do sábado no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao é gratuíta.