Foz, 8 de abril de 2016.- Este pasado xoves 07 de Abril, ven de celebrarse o pleno da Corporación Municipal do mes de marzo, que foi pasado a este primeiro xoves de abril por non ter toda a documentación necesaria para celebrarse o último xoves do mes como lle correspondía no Concello de Foz.
“Foz,Plataforma de Futuro” levou tres mocións para ser debatidas, sendo aprobadas as tres por unanimidade pola Corporación Municipal, o que demostra unha vez máis, a importancia dos temas para os veciños e veciñas do noso Concello, que a nosa formación leva para o seu debate.
A primeira moción que se debateu foi para instar ó equipo de goberno do Concello de Foz á reparación da pasarela da ponte de Vilaxoane,unha pasarela que leva moitos anos nun estado impracticable, pechado o seu paso cunhas vallas e ó mesmo tempo invadida de maleza, isto fai que os peóns que por alí pasan teñan que ir pola estrada co perigo que isto supón, ademais dicir que esta proposta foi exposta polos veciños deste barrio nunha reunión que mantivemos con eles en meses pasados.Esta moción foi aprobada por a unanimidade da corporación.
A segunda moción que se debateu foi para instar ó Ministerio de Fomento a solucionar os problemas de seguridade na N-642, baixada de Mañente dirección Ribadeo,cruce da casa de Tol, este cruce é o que da aceso á N-642 dende o barrio das Areosas, o problema non é saír cara Ribadeo senón cara Foz xa que nesta manobra hai que atravesar dous carrís, un dirección a Ribadeo e o de vehículos rápidos cara Foz, así mesmo a visibilidade é moi reducida xa que temos dúas curvas a menos de 50 metros tanto dirección Foz como Ribadeo, Esta proposta foi unha demanda da Asociación de veciños e consumidores de Vilaronte que nos transmitiron a necesidade de abordar este tema para intentar dar unha solución a un cruce onde xa se levan rexistrados varios accidentes a consecuencia dos problemas anteriormente citados.Esta moción foi aprobada por unanimidade da corporación.
E a terceira moción foi para instar ó equipo de goberno do Concello de a que proceda a sinalar as rúas de forxán de abaixo,un barrio ás aforas de Foz ,que nos últimos anos se lles deu nome ás distintas rúas que o atravesan, unha zoa do noso Concello que veu incrementada a súa poboación considerablemente pola construción de numerosas vivendas e ser unha zoa de numeroso tránsito de veciños e veciñas e en época de vacacións tamén de turistas.Sen embargo moi poucos veciños e veciñas coñecen os nomes das súas rúas e moito menos saberían onde se atopan.Por todo o anteriormente citado dende FPF consideramos que debemos humanizar esta zoa e dotala duns indicadores para dar a coñecer os nomes das distintas rúas que aquí se atopan.Moción aprobada por unanimidade.
No punto número 4 da orde do día,proposta da Alcaldía relativa á resolución por mutuo acordo do contrato de abastecemento de auga e depuración, informar que os nosos concelleiros Luís Alfonso Sixto Legaspi e María Peña RubiñosFernandez non participaron no debate deste punto por incompatibilidade, nun caso, e por coherencia e responsabilidade noutro e porque o estableceron dende un inicio que eles non ían participar en ningunha decisión que afectara a temas da empresa que leva o servicio municipal de augas, nin para ben, nin para mal, o cal están mantendo. Polo tanto exerce de portavoz Juan Luís González Riveiro.
Dito isto, expoñer que a día de hoxe o concello de Foz ten asumida unha débeda con Gestagua debido á falta de aplicación da fórmula de actualización das tarifas do servizo. O Alcalde e o seu equipo de goberno non confirman con claridade cal é a día de hoxe dita débeda, porque na proposta de alcaldía da resolución do contrato con Gestagua, di textualmente “que o Concello de Foz, poida deber á empresa concesionaria do servizo, unha cantidade próxima o millón de euros”. Segundo a proposta de acordo que nos propoñen, debemos:
-1.058.913,63 € de abastecemento de auga e de depuración.
-46.980,26 € de amortizacións pendentes das inversións realizadas pola empresa.
-229.045,43 € de Intereses (e non 144.000 € como dixo o alcalde. Estes non se pagarían si se chegase a acordo)
-118.192 € de lucro cesante, que tampouco se pagarían si se chegase a acordo e se cumprisen os prazos previstos de pago.
Total a pagar na proposta: 1.105.893,89 €
Di o acordo que o concello asumirá os recibos de abastecemento, impagados polos aboados, cunha antigüidade inferior a 6 meses. Da cal non sabemos unha cifra concreta. Entón ¿cal é a cantidade real que se debe? Pregunta que quedou sen resposta por parte do alcalde.
Os informes dos técnicos municipais consideran esta proposta como “non axeitada a lexislación vixente” como di o Secretario municipal ou con Reparo por parte de intervención.
Por outra parte, non cabe dúbida, que este acordo aforraría as arcas municipais uns 350.000 € de Lucro cesante e intereses, sen contar os impagados. Un interese público claro.
Rematamos a nosa exposición dicindo que, o Sr. Alcalde, éncheselle a boca dicindo que “a economía do concello está saneada”. Ben, van aparecendo débedas de varios anos, e as que quedan por vir! Dun presuposto de 7 millóns de euros que se deba mais de millón e medio de euros a unha empresa, consideramos que non é ter a economía moi saneada que digamos.Por todo o anteriormente exposto e co mandato da asemblea de seguidores de Foz plataforma de Futuro o noso voto foi abstención.
Tamén consideramos importante dicir, que FPF tiña preparado para este pleno unha moción que fora rexistrada no noso Concello para o seu debate deste mes de Marzo, sobre a posibilidade de pedir unha subvención á Xunta de Galicia concretamente á Consellería de Industria para a posta en marcha dun viveiro de empresas no noso Concello, esta moción tiña que ser debatida e aprobada si o Pleno se fixese na data que lle correspondía o 31 de Marzo, pero o Alcalde pediu cambiar a data de Pleno por non ter a documentación necesaria dunha proposta de Alcaldía para o 7 de Abril.Esta subvención da Xunta de Galicia tiña como data de remate para ser solicitada o 4 de Abril ,o que facía imposible a súa aprobación antes desta data o cambio de Pleno. Ante todos estes cambios e vendo a imposibilidade de intentar aprobar esta moción a tempo, FPF decidiu retirar esta moción na comisión preparatoria de Pleno e incluír outra na orde do día.Preguntado o Alcalde na comisión preparatoria de Pleno sobre este tema, nos contesta “que isto da moito que facer e que leva moito tempo preparar todas estas cousas”. Dende FPF temos que manifestar que o Alcalde de Foz xa tiña coñecemento desta liña de axudas con tempo suficiente para intentar traballar sobre este asunto, e intentar levar a cabo a creación deste viveiro de empresas, sen embargo, non fixo nada ó respecto, o que demostra unha vez máis a súa falta de vontade na loita contra o desemprego, e o pouco interese que ten en poñer ferramentas na man dos emprendedores na creación de novas empresas,así mesmo o PP está a incumprir unha promesa electoral do seu programa.