O Centro Social de Cangas de Foz acolle no mes de abril un programa de actividades culturais diversas con entrada de balde. Se o domingo 3 comezaba coa representación teatral do “Consultorio” da man do grupo Pico do Castro de Foz, o vindeiro domingo 10 de abril continúa co concerto da Coral Polifónica do Hospital de Lugo a partir das 19.00 horas. Á mesma hora do domingo seguinte, 17 de abril, volverá o teatro á parroquia co grupo Metatase de Palas de Rei, “A gran final”. O domingo 24, tamén ás 19.00 horas, O Centiño de San Martiño de Foz representará “O caldeiro máxico”. Organiza a C.M.V.M.C Real, Rañadoiro e Agudo de Cangas (Foz) coa colaboración do grupo de teatro O Batán.
Música e teatro en Cangas este mes de abril
Música e teatro en Cangas este mes de abril
Relacionado
-
Xa se coñecen os traballos que resultaron gañadores do certame de narración e debuxo infantil de Cervo convocado con motivo das Letras Galegas
-
Presentacion do libro “Ángeles Alvariño. Mi estela en los oceános” de Germán Castro Tomé
-
Este martes celebrouse cunha gran afluencia de público un novo “Arruguiñas falando”