Ribadeo, 29 de abril de 2016.- Tres profesores de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia) participan ata 1 de maio nunha saída formativa a Italia.
Segundo explica o presidente da asociación, Álvaro Doural, “os profesores Serafin Miguel Peréz González do centro integrado de FP Ferrolterra, Marco Antonio López Riveira do centro de Vilalba e Luis José Fernández Carnero do IES As Mariñas de Betanzos realizan unha estadía formativa en Pontevico (Bressia) Italia desde o 24 de abril ata o 1 de maio de 2016”. Doural indica que “a actividade formativa centrase principalmente na reparación e mantemento da carrocerías, na visita a centros educativos nos cales se analizará a formación continua, así como as actividades de tipo informal”.
Para Álvaro Doural “a relación coas empresas do sector xoga un papel importante nesta actividade co obxectivo de conseguir a colaboración para que alumnos de FP poidan realizar estancias formativas. O capítulo da formación en idiomas, tamén centra o traballo destes profesores, observando os plans de estudios que están establecidos especialmente para adultos”.
Varios profesores de Apaga participaron nas últimas semanas en varias saídas formativas a países como Portugal, República Checa, Estonia e Croacia.