Viveiro, 4 de abril de 2016.- A organización do Resurrection Fest comprácese en poder ao fin presentar o cartel do Resu 2016 xunto á súa distribución por días, e 12 novas bandas que se unen á programación, deixando un dos carteis máis completos da súa historia e que sen dúbida será un dos máis lendarios. Ademais, poñeranse á venda nuns días as entradas para xoves e venres para todos os interesados.
O supergrupo mexicano-estadounidense de metal extremo Brujeria, polo cal pasaron membros de Fear Factory, Carcass, Faith No More, Aeasino, Lock Up e moitos outros grupos importantes, fará a súa primeira aparición no festival co seu grindcore e death metal particular. Doutra banda, unha das bandas de thrash metal máis punteiras de Europa e un dos membros do “Big Four” alemán, Destruction, estarán no escenario principal do festival presentando o seu novo disco “Under Attack”. Desde Finlandia, a festa en persoa e unha das bandas de folk metal máis importantes do panorama internacional, Turisas, descargarán con forza temazos que nos meterán de cheo na mente dun viquingo festexeiro. Non volos podedes perder!
Desde Grecia chéganos unha proposta de black metal cunha das bandas máis sobresalientes do país heleno, Rotting Christ, quen acaba de publicar o seu último disco hai uns meses baixo o título de “Ritual” e fará as delicias dos fans do metal extremo. The Raven Age, teloneiros da xira mundial de Iron Maiden, tamén estarán presentes presentando o seu EP homónimo, e The Wild Lies, quen tamén os acompañan en shows selectos da súa xira, darán a nota hard-rockeira neste anuncio.
Desde España, traen a unhas das bandas máis prometedoras da actualidade, os cordobeses Viva Belgrado, quen coa súa mestura de screamo e post-rock demostrarán que a escena española ten moi unha boa canteira. Desde Oviedo, Soldier darán un pouco de caña co seu thrash metal mesturado con metal sureño, e desde Viveiro terase a unha nova banda de hardcore chamada Tierra Hostil.
As noticias non quedan aí porque cada noite pecharase cunha banda tributo para montar unha festa ao grande. Por petición popular, non poden faltar os portugueses Abaixo Cu Sistema, tributo a System of a Down, quen o ano pasado foron os autores dun dos concertos máis aclamados de todo o festival. Nice Boys, tributo a Guns N’ Roses, e Black Horsemen, tributo a Metallica, serán as outras bandas que pechen cada xornada.
Tras a distribución por días, o mércores 6 de abril, poñeranse á venda as entradas de xoves e de venres ao prezo de 60€ máis gastos. Lémbrase que as do sábado están xa esgotadas, pero cun abono de 3 días pódese acceder sen problema os 3 días do festival.
En breves anunciarase o cartel da festa de presentación do mércores 6 de xullo, o Band Contest deste ano e moitas máis sorpresas. Menos de 100 días para a mellor semana do ano!
NOVAS BANDAS
Brujeria (Grindcore / Death Metal, Mexico/USA)
Destruction (Thrash Metal, Germany)
Turisas (Folk Metal, Finland)
Rotting Christ (Black Metal, Greece)
Viva Belgrado (Screamo/Post-rock, Córdoba)
The Raven Age (Melodic Metalcore, UK)
The Wild Lies (Hard Rock, UK)
Soldier (Thrash Metal / Southern Metal, Oviedo)
Tierra Hostil (Hardcore, Viveiro)
Abaixo Cu Sistema (System of a Down Tribute)
Nice Boys (Guns N? Roses tribute)
Black Horsemen (Metallica tribute)























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



