Cervo, 18 de abril de 2016.- O Concello de Cervo acaba de ceder dúas piraguas co seu equipamento ao Club Deportivo San Ciprián. Anunciouno o edil de Deportes, José Ramón Soto, quen explicou que “a sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián leva na súa andadura xa moitos anos dedicándose a fomentar o deporte base na especialidade do piragüismo con nenos e nenas a partir dos 7 anos en diante”.
José Ramón Soto explicou que o CD San Ciprián “actualmente conta con tres adestradores titulados, que se encargan de coordinar as distintas categorías como son benxamín, alevín, infantil e sénior. Nas categorías de alevíns e infantís están a participar nas ligas autonómicas, o que supón que a maior parte dos desprazamentos son á provincia de Pontevedra, que é onde se atopan a maioría dos clubs que desenrolan esta actividade do piragüismo. De xeito paralelo todas as categorías disputan anualmente a liga Provincial e ademais o Club Deportivo San Ciprián organiza anualmente unha proba de carácter provincial no encoro de Riocobo, que este ano terá lugar o día 2 de xullo. Durante varios anos o Club Deportivo San Ciprián ven realizando cursos de iniciación ao piragüismo, os cales están abertos a todos aqueles nenos que desexen fomentar esta actividade e son de carácter totalmente gratuíto”.
Soto engadiu que “o Concello de Cervo é consciente do labor altruísta que os responsables da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián levan a cabo durante gran parte do ano con nenos e nenas do noso concello e por iso dende o Concello queremos contribuír aportando dúas piraguas cos seus respectivos equipamentos, como son os remos e chalecos salvavidas, para que os máis pequenos poidan realizar esta actividade dispoñendo do material adecuado”.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
