Lugo, 18 de abril de 2016.- O vicepresidente e responsable da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, xunto co Deputado- Delegado da Área de Promoción Económica e social da Deputación, Álvaro Santos e a Profesora de dereito administrativo da Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora do Encontro, Alba Nogueira, participaron na apertura do VI Encontro Provincial de Cooperación e Asistencia aos Concellos, que se celebrou durante toda a xornada no Salón de Actos da Deputación de Lugo.
Antonio Veiga resaltou durante a inauguración da xornada “a importancia da celebración do Encontro, pois abordamos cuestións que afectan a organización estrutural da administración local, como pode ser o modelo de xestión de servizos e a súa posible remunicipalización ou reinternalización, tamén se aborda unha temática tan importante, e máis na provincia de Lugo como é a xestión en materia de servizos sociais, e por último, pero non menos importante, unha temática que esta acaparando noticias nos medios de comunicación na actualidade, a planta local de Galicia na que se abordan cuestións coma se son precisos fusións de entes municipais ou cal debe ser o tamaño ideal dun concello”.
O VI Encontro contou con poñentes pertencentes as tres universidades galegas así coma da Universidade Autónoma de Madrid, a xornada comezou cunha mesa redonda sobre os servizos sociais en Galicia que contaba coa presenza do xerente do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Víctor González Meizoso, así como da Profesora de Dereito Administrativo da Universidade de Vigo, María Antonia Arias Martínez. Ás once da mañá, deu comezo un relatorio impartido por Francisco Velasco, profesor da Universidade Autónoma de Madrid, relacionado coa racionalización e reinternalización de servizos nos gobernos locais, a mañá finalizou cunha mesa redonda sobre a creación de empresas municipais así como da xestión de persoal para a prestación de servizos, que contou con Diana Santiago Iglesias e Javier Ferreira Fernández, profesores de dereito administrativo da Universidade de Santiago de Compostela. A tarde, Luís Villares Naveira, Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, realizou un relatorio sobre a Planta Local de Galicia, para posteriormente participar xunto a Luís Caramés Viéitez (Catedrático de Economía da USC) e Carlos Alberto Amoedo Souto (Profesor de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña), nunha mesa redonda na que respostaron as preguntas formuladas polos asistentes acerca dunha reforma local para Galicia.
O VI Encontro de Cooperación e Asistencia aos Concellos foi clausurado polo Vicepresidente e Deputado- Delegado das Áreas de Cooperacióne Asistencia aos Concello e Deporte da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, que cerrou o acto sinalando: “quero agradecer ás máis de 150 persoas que pasaron pola xornada a súa asistencia e participación na mesma, así como parabenizar a Coordinadora do Encontro, Alba Nogueira e a tódolos poñentes pola calidade e a claridade das súas intervencións e por axudar a por luz sobre cuestións de vital importancia para un mellor funcionamento das administracións locais de toda a provincia”.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



