Viveiro, 18 de abril de 2016.- Os gañadores da V edición do Concurso de Tapas Centro Histórico de Viveiro son:
– Mellor tapa: elixida mediante as votacións dos clientes, é para Restaurante Casa Pepi coa súa tapa Chipirón Enrollao, categoría que estivo moi reñida coa segunda clasificada nesta distinción, que é a tapa do Asador La Quinta e os seus Canelones mini de setas con confitura de boletus y crujiente de jamón ibérico.
– Mellor presentación: elixida polo xurado, é para Belle Epoque coa súa tapa Tournedos Belle Epoque.
– Tapa tradicional: elixida tamén polo xurado, para Restaurante Casa Pepi coa súa tapa Chipirón Enrollao.
Angel Fernandez Soto é o gañador de 150€ en vales de compra para gastar en calquera dos negocios asociados ao CCHV. A súa tarxeta de votación estaba selada na metade dos locais participantes, polo que o premio é de 150€.
O xoves pola tarde procederase á entrega dos premios aos galardonados.



























Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.
Inclúe as Noites Alternativas e Enredando no Verán. Este martes arrincaron as Noites de Futbol na Praia do Torno.
A alcaldesa, Ana Isabel Fernández García, expresou un "orgullo muy grande" por este logro e destacou que a praia urbana "cumple rigurosamente todos los exigentes requisitos que se solicitan". A obtención da bandeira azul require garantir a calidade das augas, socorrismo, accesibilidade e educación ambiental, e o reto agora é manter estes estándares. O Concello colaborou coa Asociación Fraternidad nun proxecto de conservación da fauna local mediante a fabricación e instalación de caixas niño nas dunas de Navia e Frexulfe. Antonio, membro da entidade, explicou o proceso destas dez "casitas de pájaros" e sinalou que "Ha sido un trabajo muy laborioso pero muy gratificante...", agradecendo a colaboración municipal e a visibilidade que dá ao traballo da asociación.
Puxo en valor a importancia deste tipo de eventos para contribuír á preservación dos traballos gandeiros tradicionais. Cómpre salientar que esta festividade está recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia. Ademais, nesta ocasión, a conselleira foi nomeada Monteira Maior, unha distinción honorífica outorgada pola Comunidade de Montes de Buio e Lerín, organizadora do evento, ás persoas que colaboraron con eles ou os apoiaron. Gómez trasladou o seu agradecemento por esta mención e reafirmou o seu compromiso co sector agrogandeiro, un piar fundamental para o desenvolvemento do noso rural.



