Cervo, 4 de abril de 2016. O Concello de Cervo seguirá colaborando cos apicultores para eliminar os novos niños de avespas velutinas dende que comecen a aparecer, que adoita ocorrer nos meses de maio e xuño. Así o explicou o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, que recolleu traxes para combater esta praga entregados pola Xunta de Galicia.
José Ramón Soto explicou que “o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, xunto co director xeral de Emerxencias da Academia Galega de Seguridade Pública, Luis Menor Pérez, fixeron entrega ao Concello de Cervo de tres traxes completos para combater a praga das avespas velutinas. Por parte do Concello de Cervo desprazámonos á Estrada o cabo de Protección Civil, Mario Antuña, e eu mesmo, como delegado de Seguridade, que recollemos o material de dotación. Desde o Concello de Cervo queremos agradecer á Xunta de Galicia o esforzo realizado para dotar ao noso Concello de traxes para combater esta praga, que cada ano aumenta considerablemente”.
O edil de Seguridade Cidadá engadiu que “a pesar de que o noso Concello é pioneiro en Galicia na loita e exterminación desta especie, pois o noso traballo ven desde o ano 2013, época na que comezou a aparecer este insecto, continuamos a colaborar cos veciños de Cervo no control desta praga. Este Concello estivo desde o inicio ao lado dos apicultores facilitando labores de información, seguimento e incluso aportando trampas para a súa captura, xa que cada raíña capturada supón un niño menos no entorno. E este ano a nosa intención, ao igual que os anteriores, é continuar con este proceso de eliminación desde o inicio da súa aparición, que adoita ser entre os meses de maio e xuño, cando nacen as primeiras avespas obreiras que son as encargadas de realizar os labores de creación das colonias. Por iso, seguindo as instrucións de persoal técnico cualificado da Xunta de Galicia débese aproveitar este período, no cal as raíñas se mostran máis activas e no exterior do niño, para proceder á súa captura”.
Soto tamén comentou que “dende o Concello de Cervo facemos un chamamento á poboación para que en caso de localizar algún niño activo se poñan en contacto co número de emerxencias 012 ou ben comunicándollo directamente ao departamento de Protección Civil do noso Concello aportando o maior número de datos posibles para a súa localización. Existe un protocolo realizado coa Consellería do Medio Rural e do Mar, da Xunta de Galicia, a través do cal se dan unhas pautas para combater esta invasión. Entre outras explícase que a trampa artesanal realizada a base de cera vella fermentada ou a cervexa negra son bos atraentes caseiros. Na trampa comercial deben verterse 125 mililitros de líquido atraente e engadir a mesma cantidade de auga. Cando o nivel do líquido baixe por efecto da evaporación pode encherse novamente con auga ata alcanzar os niveis iniciais. O líquido atraente debe renovarse cada 15 días. Outra recomendación é colocar unha trampa por cada 10 colmeas e deben instalarse a unha altura aproximada de 1,5 metros e nun radio de 100 metros ao redor das colmeas. É importante que se manteña a proporción dunha trampa cada 10 colmeas, xa que o uso excesivo de trampas pode supoñer que se capturen indiscriminadamente outras especies de insectos, producindo efectos colaterais adversos sobre o entorno e poñendo en risco a biodiversidade”.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



