Viveiro, 4 de abril de 2016.- Na Gala Anual do Atletismo Galego 2014/2015, celebrada o 1 de abril de 2016 en Santiago de Compostela, Adrián Ben recibiu o Premio ao Mellor Atleta Sub-23 Masculino. Para o Concello de Viveiro este recoñecemento é unha honra e vén a demostrar que Adrián, pola súa meteórica traxectoria deportiva e polos grandes éxitos obtidos, ocupa un lugar relevante dentro da historia do atletismo.