O IES de Ribadeo Dionisio Gamallo participa na XXII edición do Concurso Euroscola dedicado aos 30 anos de España na Unión Europea (1986-2016).
O centro participa por primeira vez neste certame cun grupo de 13 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato que estudan por vez primeira neste curso 2015-2016 unha optativa de oferta exclusiva propia deste centro: Europa como materia, proposta e impartida polo profesor Manuel Yáñez Dablanca do departamento de Filosofía.
Entre os seus contidos de formación figuran os seguintes:
– Coñecer a Unión como organización internacional, os seus principais obxectivos e os principios básicos que rexen o seu funcionamento.
-Coñecer os Estados membros da UE, e as condicións de pertenencia e permanencia.
– Desenvolver a sensibilidade fronte ao proceso de unidade europeo, valorándoo como unha importante conquista ante graves enfrontamentos que caracterizaron con anterioridade a historia do noso continente, e como un factor de desenvolvemento dunha cidadanía baseada nos dereitos humanos e a tolerancia.
– Coñecer as principais institucións políticas da Unión e comprender cal é o papel de cada unha delas no proceso de adopción de decisións, e empregar adecuadamente a terminoloxía básica do proceso de unidade europeo.
– Coñecer os principais ámbitos de actuación da UE, en particular aqueles con maior incidencia na vida cotiá dos cidadáns europeos.
– Adquirir estratexias de procura e indagación de documentos das Institucións europeas e outros recursos mediante a navegación en Internet.
“Cremos que esta nova materia proporcionará ao alumnado do Bacharelato a posibilidade de aproximarse a Europa e aos valores que nos unen como europeos, e como sociedade: valores como a tolerancia, a cooperación, os dereitos humanos e a democracia. Neste sentido, primamos no noso currículo a idea de crear unha cidadanía europea que teña en conta desde os primeiros pasos da aprendizaxe reflexiva a bagaxe histórica, política, social e cultural europea”, apunta o profesor.
Ademais, continúa, “a Unión Europea ofrece unha infinidade de recursos para os mozos, para poder completar os seus estudos noutros Estados da Unión, para mellorar o coñecemento de linguas estranxeiras, para a realización de prácticas formativas, oportunidades todas elas que poden incrementar as posibilidades profesionais dos nosos estudantes nunha contorna globalizada”.
“A incorporación de España á Unión Europea en 1986 supuxo un fito histórico que marcou o devir político, económico e social de todos os cidadáns. Para comprender, hoxe en día, a realidade que nos toca vivir é imprescindible coñecer o funcionamento europeo, a composición e as directrices políticas establecidas pola propia Unión Europea. Commemoramos este 2016 os 30 anos da nosa integración, e debemos centrarnos no futuro para establecer unha idea clara da comunidade á que queremos pertencer”, explica Yáñez Dablanca.
O espazo web http://iesgamallo.wix.com/uespain pretende profundar e defender esta idea de Europa unida e en progreso.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



