Burela, 28 de abril de 2016.- O IES Perdouro adxudicouse por partida dobre o recoñecemento do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015. A Fundación Imdecum deu a coñecer na tarde deste xoves os nomes dos gañadores no centro de ensino burelao, nun acto que contou coa presenza do padriño da edición, o artista Davixiño, e o realizador audiovisual Manuel Gil, xunto ao presidente da fundación, Marcelino Luna, e a vicedirectora do instituto anfitrión, Karina Parga, así como doutros artistas colaboradores na historia do festival.
A edición de 2015 resolveuse con dobre premio na categoría de Fotografía, co mar como protagonista, de Pablo García Cobas e Tamara Rico Berdeal, de 1º de Bacharelato. O xurado asignoulle o galardón ao primeiro gañador e o público fixo o propio coa segunda, con 309 votos en Facebook. Tamén resultaron finalistas na rede traballos de Lucía Rivas, do IES Monte Castelo de Burela (268 votos), Alicia Oroza, do IES Alfoz-O Valadouro (148 votos), e Paula Cajoto, do IES Foz (105 votos), todas alumnas de 4º ESO. O xurado do concurso decidiu declarar deserta a vertente de Vídeo.
Durante o acto, Marcelino Luna incidiu na gran participación na quinta edición do festival: “É a edición máis exitosa nos cinco anos de traxectoria do festival, con máis de 50 participantes de toda A Mariña e máis de 100 fotografías e vídeos na fase do concurso. Para a Fundación é un auténtico orgullo ver como o Imaxiña conseguiu ir internándose pouco a pouco nas inquedanzas do alumnado da bisbarra; ano tras ano cada vez hai mellor resposta, máis calidade nas imaxes e incluso temos rapaces que repiten no concurso”, explicou o presidente de Imdecum, destacando a excepcional resposta do estudantado dos dous centros que se estreaban este ano na cita, Perdouro e Foz, uníndose ao Monte Castelo de Burela, Marqués de Sargadelos de San Cibrao, Illa de Sarón de Xove, Vilar Ponte e María Sarmiento de Viveiro, Ribadeo e Alfoz-O Valadouro. Marcelino Luna tamén agradeceu a colaboración na iniciativa de Davixiño e Manuel Gil, “dous mariñáns inmersos no mundo da arte, que teñen un futuro moi prometedor por diante; tanto eles coma outras das xoves promesas que xa colaboraron con nós, como David Catá, Héctor Manasé ou Marián G. Mesa, son unha referencia perfecta para os rapaces aos que lles interese a imaxe e a arte”.
A entrega de premios deu paso á inauguración da mostra das fotografías presentadas en 2015, xunto a unha miscelánea de edicións anteriores. A exposición compartirá vida, experiencias e anécdotas nos corredores do IES Perdouro ata finais de curso.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



