Lugo, 9 de abril de 2016.- A deputada luguesa do PSdeG-PSOE Margarita Pérez Herraiz, e o senador lucense, Ricardo Varela, anunciaron que os socialistas rexistraron unha proposta de creación dunha subcomisión, no seno da Comisión de Agricultura do Congreso dos Deputados, coa que pretenden analizar, avaliar e buscar solucións á crise do sector lácteo.
Coas cifras na man, a deputada socialista explica que en febreiro de 2016 había en Galicia 9.044 explotacións, e entre novembro e febreiro xa hai 932 explotacións menos. Denuncia que a situación dos produtores de leite é dramática especialmente na nosa Comunidade onde se produce o 37,5% do total de leite de España, porcentaxe que está baixando, xa que en xaneiro do ano pasado era do 38,67%.
Nesta proposta da subcomisión os socialistas demandan coñecer entre outras cousas, as posibilidades de regulación do mercado no sector dos produtos lácteos. Tamén solicitan revisar que posibilidades poden ter as CC.AA para participar nas negociacións coa UE.
Pérez Herraiz demanda analizar os datos de entrada de produtos lácteos transformados en España e o seu prezo. Na subcomisión, tamén queren avaliar as diferentes formulas de pago aos agricultores de leite para polvo e o seu posible destino.
O PSdeG-PSOE quere estudiar a evolución da produción por comunidades e posibles sistemas de regulación excedentes de leite, e alternativas como a sacar leite do mercado para a axuda humanitaria. Nesta comisión de estudo queren coñecer os modelos propostos por outros países da UE, as figuras dos primeiros compradores en España: alternativas posibles. E os prezos de transferencia que a dia de hoxe están pendente decreto.
Situación actual
Pérez Herraiz advertiu que en España, o PIB Agricultura, ganadería, silvicultura e pesca representa el 2,3% del PIB de España, e o 4,6% do PIB de Galicia. O PIB total de España subiu 3,8%, e o de Galicia un 3,4% pero Agricultura e demais en España subiu un 3,2% , e en Galicia baixou un 3,4%.
A deputada socialista preguntase si a nosa Comunidade pode permitirse que mentres o crecemento do sector primario en España é similar, no que se refire ao crecemento total en Galicia a diferencia é de máis de seis puntos, xa que descende un 3,4%.
Relata que para Galicia este sector é esencial pola súa contribución ao produto interior bruto e, sobre todo, pola súa contribución á sustentabilidade ambiental e zonas rurais, esta diminución da actividade empeora a economía galega, e contribúe gravemente ao despoboamento de grandes áreas de Galicia e, especialmente, de grandes áreas da provincia de Lugo.
Mobilizacións da Plataforma en defensa do sector lácteo
A deputada socialista, tamén fixo alusión ás novas mobilizacións da Plataforma en defensa do sector lácteo, que denuncian a importación masiva de leite non galega para abastecer industrias da nosa Comunidade. Esta plataforma ven de denunciar novamente, que o acordo asinado en Madrid non mellorou a situación das explotacións agrícolas.
Tamén critican que os novos contratos da campaña 2016-2017, que acaba de comezar, son granxas cada vez máis forzadas a vender a totalidade ou parte da produción por baixo de 20 céntimos, moi por debaixo dos custes de produción.





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



