O colofón a unha fin de semana do máis entretida en Ribadeo chega co espectáculo de Pedro Volta da man da Asociación de Magos Amateus da Mariña (AMAM).
ILUSIONANTE é un espectáculo no que Pedro Volta fai viaxar ao espectador ao mundo da fantasía e os soños máxicos que temos na nosa infancia. Os espectadores convértense en protagonistas dalgunhas das ilusións. Unha maneira de presentar a maxia elegante, poética e chea de momentos de emoción e diversión son a receita para que un público familiar goce de oitenta minutos ILUSIONANTES. Nesta nova xira, Pedro Volta, incorpora números de maxia inéditos, espectaculares e sorprendentes números de escapismo. Unha posta en escena chea de rodas de engrenaxes, caixas e farois que achegan unha atmosfera fantástica e misteriosa.
As entradas xa están á venda para os dous espectáculos que se levarán a cabo no Auditorio Municipal. O primeiro ás 17.00 horas e un segundo ás 19.30 horas.