Burela, 29 de abril de 2016.- A edición 2016 do Correlingua na Mariña, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coas Deputación de Lugo, A Coruña e a de Pontevedra, foi presentada na tarde deste venres no Concello de Burela.
No acto participaron Alfredo Llano, alcalde de Burela, -concello que este ano acolle o Correlingua-, Antonio Veiga, Vicepresidente da Deputación de Lugo, Mónica Pazos, en representación da Mesa pola Normalización Lingüística, Dores Fernández Abel, da CIG-Ensino e coordinadora da actividade, e representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros de Burela, representantes dos ciclos de Animación de Actividades Físicas e Deportivas, do IES Monte Castelo, e do ciclo de Educación Infantil, do CIFP Porta da Auga, todos eles colaboradores da edición deste ano desta carreira en defensa do idioma galego.
Dores Fernández Abel, coordinadora da actividade na Mariña, explicou que este ano participarán 1.600 alumnos e alumnas de varios centros da Mariña, tanto de infantil e primaria como de secundaria. Por segundo ano, o Correlingua terá carreira de verdade, aínda que non competitiva, na que se inscribiron máis de 100 rapazas e rapaces; o resto fará un paseo desde a Praia da Marosa até a Praza da Mariña, lugar do festival final. Como novidade, esta edición contará cun espectáculo musical deseñado exclusivamente para as e os máis pequenos, no que o cantor Paco Nogueiras fará un repaso das cancións do seu disco “Brinca vai”.
Para a mencionada carreira está a colaborar a ACIA de Burela, así como outros estabelecementos, no avituallamento e nos premios dos participantes da carreira.
Na festa final da Praza da Mariña, un grupo de alumnos e alumnas do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo darán lectura ao manifesto gañador deste ano, e actuará un dos grupos gañadores do Cantalingua, outro dos certames do Correlingua, Zenzar. Tamén haberá poemas e música a cargo de alumnos e alumnas dos IES Perdouro e Marqués de Sargadelos.
Nesta edición contaremos para conducir o acto da festa final cos actores do grupo Talía Teatro.
O Correlingua iníciase no primeiro trimestre do curso coa publicación do lema e as inscricións nos diferentes concursos. O alumnado elabora as súas propostas para estes no segundo trimestre. A participación nestes certames permítelle ao alumnado reflexionar sobre a situación do noso idioma e crear os seus propios argumentos para defender o seu uso. Finalmente, no terceiro trimestre e no mes de maio, celébranse as carreiras pola lingua que percorren todo o país. Nesta edición, ao igual que o ano pasado, estase a levar aos centros de ensino, e tamén na festa final, un posadoiro no que o alumnado poida tirarse fotos portando lemas a favor da nosa lingua.
Varios participantes na presentación do Correlingua incidiron na importancia de contarmos con actividades normalizadoras, que promovan a reflexión sobre a situación do noso idioma e incidan na sensibilización no seu uso, como mecanismo imprescindíbel para o seu futuro, algo especialmente necesario no actual contexto en que os datos estatísticos inciden na perda de falantes do noso idioma. Entendeuse que o Correlingua é un dos proxectos cos que se consegue aglutinar a un número moi alto de mocidade arredor dun elemento común, creado polo noso pobo, como é o galego.
A Coordinadora do Correlingua agradeceu aos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros o seu empeño e ánimo para con esta actividade, ao igual que o resto dos colaboradores, en especial ao anfitrión deste ano, o Concello de Burela, que pon a disposición da organización todo o necesario para que a actividade poda levarse a cabo con total normalidade.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



