San Cibrao, 17 de abril de 2016.- O sábado celebrábase en Redondela (Pontevedra) unha nova edición do Trofeo Federación Galega-Xunta de Galicia de tiro con arco en aire libre para todas as modalidades e categorías. O Club Iadovi foi representado en arco recurvo por Gabriel Galante Briones, o cal subía ao pódium outra vez, tras un refacho de malos resultados. Vencido en principio o medo escénico, avantaxaba ao resto de porteiros da categoría Cadete, colocándose na primeira serie clasificatoria en primeiro lugar con 309 puntos sobre un máximo de 360. Á distancia de 60 metros e cunha choiva que castigou duramente aos arqueiros durante toda a xornada. Na segunda serie volvía facerse valer superando a súa anterior puntuación e logrando os 320 puntos; para finalizar primeiro cun total de 629 puntos.
O seu compañeiro Francisco Botelho Melo facíase coa cuarta praza tras situarse terceiro ao finalizar a primeira serie (225 puntos), sendo felicitado pola súa forma de tirar polo actual Tecnificador Galego, Manuel Buitrón. Comezaba a segunda serie tras o descanso, con malas sensacións no seu tiro, e unha serie de malas execucións fan que baixe o seu rendemento con tan só 159 puntos. Finaliza a súa actuación en cuarta posición con 384 puntos.
Na categoría Infantil Ángel Galante Briones impoñíase con 477 puntos, proclamándose campión do Trofeo. Do mesmo xeito que o seu irmán tras finalizar a primeira serie avantaxaba aos seus rivais con 237 puntos na distancia de 50 metros; e tras o descanso superábase a si mesmo na distancia de 30 metros, logrando os 240 puntos. O total de 477 puntos alzáballe ao mais alto do pódium.
Pola tarde disputaban o trofeo os maiores; a representante feminina en arco recurvo, Ana María Briones Montes, colocábase no primeiro posto da primeira serie tras obter 255 puntos. Tras o descanso rompe a súa concentración e con iso as puntuacións resíntense chegando aos 189 puntos. Así con 444 puntos logra a terceira posición.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
