A maxia inundará Ribadeo dendo o sábado ata o domingo coa estrela do ilusionismo PEDRO VOLTA e o seu show ILUSIONANTE.
O sábado poderemos desfrutar de dúas actuacións dos membros de AMAM nas rúas de Ribadeo, unha primeira no cruce das Catro Rúas, ás 18.00 e unha segunda na Paza de Abastos ás 19.30 horas.
O domingo teremos a oportunidade de desfrutar do espectacular show de PEDRO VOLTA: ILUSIONANTE. Serán dúas galas unipersoais onde as e os asistentes entrarán nun mundo de maxia e ilusión, onde se mestura a teatralidade coa maxia, a ilusión coa narración fantástica de PEDRO VOLTA e como non, se xa quedamos impresionados en Burela co escapismo da grúa, moito máis impresinadas e impresionados estaremos co novo escapismo, esta vez, no auditorio Hernán Naval de Ribadeo. Serán ás 17-00 horas e ás 19.30 horas.
Entradas á venda en ataquilla.com e na propia taquilla do auditorio o domingo.