Ribadeo, 18 de abril de 2016.- Unha trintena de socios e socias de Acisa acudiron este luns ao mediodía á xornada informativa O teu comercio mellora cumprindo, organizada pola Xunta, e mediante a que a Consellería de Economía, Emprego e Industria asesora aos comerciantes sobre a segunda edición do Plan Anual de Inspección Comercial.
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, foi a encargada de informar ao colectivo sobre horarios comerciais, promocións de vendas, follas de reclamación, devolución de pagos, feiras de oportunidades ou subvencións, entre outros aspectos. Tamén se lles informou das infraccións leves, graves e moi graves que se poden cometer nun establecemento comercial.
Vázquez estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e polo presidente de Acisa, David Martínez, así como por técnicos de Comercio. A xornada tivo lugar no salón de actos da antiga Casa Sindical.
O obxectivo desta campaña da Xunta pasa por continuar mellorando a calidade do sector en Galicia, así como o servizo que se presta aos consumidores.
David Martínez agradece a celebración desta xornada informativa en Ribadeo e a asistencia á mesma.
Asturias en Ribadeo
Este domingo concluíron as segundas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se celebraron desde o pasado venres nunha vintena de locais hostaleiros. Acisa sinala que “el sector está contento, en líneas generales, con esta cita gastronómica aunque el mal tiempo registrado el sábado en la zona restó algo de afluencia a las jornadas”. A directiva de Acisa tivo palabras de agradecemento para “los locales participantes en esta iniciativa, que organizamos por segunda vez; y a todas las personas que se acercaron el pasado fin de semana a Ribadeo a saborear las propuestas de nuestra hostelería”.





















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



