Xove, 19 de maio de 2016.- Este domingo pasado dia 15 de Maio, o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, desprazouse a Comarca do Deza, para facer a Ruta Mosteiro de Carboeiro-Fervenza do Toxa, nos Concellos de Silleda e Vila de Cruces.
Un total de 48 Sendeiristas poideron disfrutar, en plena natureza do Rio Deza, e da espectacular Fervenza do Rio Toxa, que é a mais alta de Galicia con cerca de 70 m de altura. A Ruta de cerca de 15 km de lonxitude, seguindo o Rio Deza e despois incorporandose o Rio Toxa.
O finalizar a Ruta o grupo visitou o Mosteiro de Carboeiro que data do século X, totalmente restaurado, e que é o maior expoñente do Románico de transición do pais, e un dos mais antiguos de España. As visitas o Mosteiro son organizadas por unha guía turistica pertecente o Concello de Silleda, Asimesmo o Mosteiro ten unha Senda Botánica de preto de un kilometro na cal se representa toda a flora da Comarca e de todo o interior de Galicia.
Ruta de combinación perfecta: Deporte, Cultura e Natureza.