Trasbar, 16 de maio de 2016.- A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar vén de entregar os trofeos do V Campionato de parchís. O acto tivo lugar este sábado no local social de Trasbar, no transcurso dunha cea á que estaban convidadas todas as persoas que participaron no campionato.
Nesta edición participaron seis parellas. As partidas comezaron no mes de abril e remataron a fin de semana pasada. As tres parellas con mellor puntuación levaron un trofeo e repartíronse do seguinte xeito: o terceiro premio para Angélica e María José; as segundas clasificadas foron Cándida e Marina; a parella gañadora foi a formada por Lola e Ainoa.
Dende a asociación Burgo de Trasbar, agradecemos a participación de todas as parellas que se inscribiron nesta edición e convidamos á xente a participar nos vindeiros campionatos, así como no resto das actividades que organizamos.