Lugo, 25 de maio de 2016.- A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, xunto co alcalde de Cervo, Alfonso Villares, mantivo este mércores unha reunión con veciños e veciñas da parroquia de Castelo, en Cervo, para supervisar o alcance das obras de mellora de camiños realizadas na zona nos últimos meses e analizar outras posibles actuacións na parroquia.
Os traballos executáronse ao abeiro do Plan Marco, que ten por obxectivo principal mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais, poñendo en valor as dotacións existentes de infraestruturas básicas, e levar a cabo actuacións dirixidas a fomentar a implantación e mellora dos servizos básicos demandados pola poboación rural.
A través deste programa investíronse na Mariña 1.339.288 euros nos dous últimos exercicios, dado que o Plan Marco tiña antes carácter bianual, e está previsto outro investimento de 1.045.699 euros para este ano.
O concello de Cervo suma nestas tres anunalidade un financiamento de 120.911 euros; ao respecto, cabe sinalar que o orzamento previsto para cada un dos concellos calculouse en base a uns criterios consensuados entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
Ata o de agora, o concello de Cervo executou os proxectos de mellora de camiños en Castelo, así como o acceso a Cabanas, a vía entre Cristo e Ruela e a estrada do cemiterio. Para os vindeiros meses hai previstas actuacións semellantes no camiño de San Román de Vilaestrofe e no de Santa María de Rúa.
Raquel Arias destacou que o Plan Marco é “un instrumento especialmente útil para manter en bo estado a extensa rede de camiños do rural galego, moi castigados pola climatoloxía e o tráfico de vehículos pesados, entre outras circunstancias”.
A delegada engadiu que “é vontade da Xunta que todos os núcleos de poboación dispoñan dos servizos públicos básicos, prestando especial atención ao rural dado que a mellora das condicións de vida e de traballo redundará na dinamización económica e a fixación de poboación moza nos pobos e aldeas”.
Neste sentido, na reunión cos veciños abordáronse outros proxectos para o futuro, como a rede de saneamento para a parroquia, sobre os que traballarán o concello e a Xunta de Galicia.
Raquel Arias puxo de manifesto “o valor da colaboración entre as administracións para optimizar os recursos e conseguir sacar adiante proxectos en beneficios dos lucenses”.
Nesta liña, indicou que o propio Plan Marco está financiado a un 75% con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), o MAGRAMA aporta un 12,13% dos fondos e a Xunta e as deputacións provinciais o 12,87% restante, mentres que os concellos pagan o Imposto do Valor Engadido (IVE) das actuacións. “Este reparto amosa a colaboración ordenada de todas as Administracións, baixo a coordinación da Xunta de Galicia”, expuxo Raquel Arias.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



