A Xunta de Galicia recoñece o labor dos concellos galegos para manter a nosa Comunidade como a autonomía española nas primeiras posicións co maior número de bandeiras azuis en 2016. Galicia mantense á cabeza no número total de bandeiras azuis recibidas, cun 141 distincións para praias e portos deportivos; e na segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, cun total de 123 praias galegas con galardón, despois de Valencia con 125 distincións.
Deste xeito, a comunidade galega acapara case o 15% das 586 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade Catalana (98 bandeiras).
Na provincia de Lugo son Barreiros e Foz os concellos máis recoñecidos, con seis galardóns cada un, mantendo o número de bandeiras recibidas en 2015. Non obstante, ambos concellos suman unha incorporación Arealonga e A Pampillosa, respectivamente; mentres que o areal de Altar (Barreiros) e Os Xuncos (Foz) perden a bandeira azul, que si conseguiron en 2015.
Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas.
Portos deportivos, centros e sendeiros azuis
En relación aos portos deportivos, en 2015 Galicia obtén 18 galardóns, dos que oito son das provincia de Pontevedra, outros oito da Coruña e dúas de Lugo.
É de destacar que Galicia tamén recibe a distinción para 12 centros azuis, dun total de 64 en toda España. O requisito para converterse en centro azul para un concello con bandeira azul ás súas praias ou portos, é a existencia dun centro de visitantes, aula do mar ou de natureza que ofreza educación ambiental sobre os ecosistemas litorais e o desenvolvemento sostible, así como información específica e/ou actividades relacionadas co programa Bandeira Azul. O municipio que queira optar a esta distinción debe presentar un dossier xustificativo da súa proposta, así como, ao ano seguinte, a memoria anual da actividade, xunto coa súa candidatura, que xustifique o mantemento da súa condición como centro azul en anos sucesivos. Por estes motivos, a Xunta de Galicia felicita aos concellos de Bueu, Sanxenxo, Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Redondela, Marín, Oleiros, Ortigueira, Boiro, Muros e Burela, por sen quen de manter estes recoñecementos.
CONCELLO | PRAIA |
Burela | O Portelo |
Ril | |
A Marosa | |
O Vicedo | Abrela |
Xilloi | |
Viveiro | Area |
Cervo | O Torno |
Xove | Esteiro |
Foz | Areoura |
Peizás | |
Pampillosa | |
Llas | |
A Rapadoira | |
As Polas | |
Barreiros | As Pasadas |
Lóngara | |
Acantilado- Remior | |
Fontela-Valea | |
Arealonga | |
Coto | |
Ribadeo | Os Castros-Illas |
As Catedrais |