Burela, 5 de maio de 2016. A ordenanza de medio ambiente do Concello burelés establece multas que oscilan entre os 100 e os 3.000 euros para aquelas empresas ou particulares que depositen residuos fora dos lugares establecidos para ese fin.
A edil Noelia Mª Ben lembra que “as empresas teñen a obrigación de xestionar os residuos que xeran. Refírome por exemplo ás vinculadas coa construción, coa pesca, aos talleres de reparación de vehículos, etc… Eses residuos non se poden abandonar ou depositar en calquera lugar”. A concelleira de Medio Ambiente explica que “detectamos algúns vertedoiros incontrolados en diferentes puntos de Burela e imos incrementar a vixilancia e o traballo para evitar que esas situacións irregulares se sigan a producir”.
Noelia Mª Ben subliña que “a ordenanza de medio ambiente establece multas que van dos 100 euros para as infraccións leves ata os 3.000 euros para as moi graves. Queremos que a xente, os empresarios e os particulares, o teñan presente”.
A concelleira socialista sinala que “en Burela contamos cun punto limpo para a recollida de residuos domésticos de gran volume ou que son perigosos e que non deben depositarse na bolsa do lixo nin nos diferentes contedores que atopemos pola rúa. Tamén queremos incidir nesta cuestión e na necesidade de reciclar para conservar e manter do mellor xeito posible o noso entorno natural”.





















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



