A Mariña, 14 de maio de 2016. A Plataforma na Defensa da Sanidade pública da Mariña advertiu que os problemas cos retrasos en probas diagnósticas, a falta de persoal, as derivacións de doentes a outros centros fora da comarca, e a saturación nos centros de atención primaria, non van resolverse a golpe de anuncios electoralistas, nin coa ampliación do hospital da Costa e cun gran aparcamento que acabará sendo un negocio para algunha empresa amiga que logre a concesión para xestionalo.
Afirman que o amor do PP co ladrillo e as privatizacións, e o desamor que, unha e outra vez, demostra co mantemento do sistema sanitario público, non augura solucións para dar volta ás asistencias médicas de prestado dende Lugo, á falta de persoal no hospital e nos centros de primaria, á derivación de doentes da comarca a outros centros, aos graves retrasos irresponsábeis nas probas diagnósticas, nin á concepción da asistencia sanitaria na comarca como unha delegación de Lugo, cando debera ter capacidade de xestión propia para decidir en función das necesidades da poboación.
A Plataforma súmase ás críticas feitas públicas polo Observatorio da Mariña pola Igualdade en relación aos graves retrasos nos resultados de citoloxías de colo de útero no Hospital da Costa. A crítica non é nova e persiste no tempo sen que que se dera solución a un problema que pon en grave risco a saúde das mulleres como xa denunciou esta Plataforma fai anos. O problema, afirman, é que non se trata dun retraso puntual senón crónico, e o mesmo sucede con outras probas como recentemente se denunciaba con probas cardíacas, ou a falta de substitución de persoal como sucedeu rcentemente por uns días coa facultativa de reumatoloxía.
Coa chegada do verán os problemas agrávanse, a pesar do incremento notábel de poboación na comarca, nin se reforza o persoal nos centros de primaria, nin no hospital; moi ao contrario non se fan relevos por vacacións e a carga de traballo aumenta ate extremos insoportábeis no persoal que queda en activo.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



