Santiago, 7 de maio de 2016.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, iniciará o vindeiro luns a execución da última fase de beirarrúas na estrada LU-162, en Cangas de Foz.
Estas actuacións na terceira fase do proxecto de beirarrúas foron adxudicadas a Construcciones Isidro Otero S.L por un importe de máis de 57.000 euros.
As obras que comezan o luns centrarase na construción de beirarrúas na estrada entre Ferreira de Valadouro e Cangas de Foz (LU-162). Continuaranse as beirarrúas executadas entre os anos 2013 e 2015 na citada estrada, entre os puntos quilométricos 11+370 e 12+460, na intersección coa N-642. Nesta última fase executaranse 160 metros de beirarrúa por cada marxe da estrada e colocarase unha rede de recollida de pluviais.
Nunha primeira fase, a Consellería de Infraestruturas dotou de beirarrúas o treito da estrada LU-162 que vai dende o punto quilométrico 11+945 ao 12+460, rematándose os traballos en setembro de 2013.
Na segunda fase, mellorouse a seguridade viaria da estrada Ferreira de Valadouro – Cangas de Foz (LU-162), nunha lonxitude de 475 metros, entre os puntos quilométricos 11+370 e 11+945, conectando coas executadas no primeiro tramo.
O Goberno galego continúa a traballar na mellora das estradas autonómicas coa fin de incrementar a seguridade viaria dos usuarios, aumentando así a calidade de vida dos cidadáns, así como potenciando o desenvolvemento económico e social dos concellos galegos.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



