Burela, 21 de maio de 2016.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, ven de adxudicar a renovación do Concerto de Prestación de Servizo Público do Centro de Menores Casa de Familia San Aníbal de Burela promovido polas Fillas do Divino Celo – Rogacionistas.
Este Centro, que comezou a funcionar en xuño de 2012, pertence á Rede de Centros de Protección de Menores da Xunta de Galicia e acolle a nenos, nenas e adolescentes que se atopan en situación de tutela ou garda pública pola Xunta de Galicia.
A Casa de Familia San Aníbal é un fogar funcional que se atopa integrado nun edificio residencial no centro de Burela, neste fogar conviven durante as 24 horas un equipo de profesionais multidisciplinar, elaborándose un proxecto individualizado de intervención para cada menor e a súa familia, en colaboración cos equipos técnicos de menores da Xunta e os servizos sociais municipais.
Neste proxecto educativo individualizado abrangue as ordes educativa, formativa, de coidado e atención, que permitan o desenrolo da súa personalidade individual, velando pola súa educación integral, saúde física e psíquica e desenvolvemento armónico da súa personalidade. Todo isto nun ambiente normalizado.
O obxectivo principal ao que tenta dar resposta este recurso é conseguir que no menor tempo posible os nenos, nenas e adolescentes poidan voltar á súa familia biolóxica, de non ser posible, buscarlles unha familia de acollida e naqueles casos onde pola súa idade e situación o máis aconsellable sexa buscar con eles a emancipación e autonomía.
A renovación deste Concerto realízase polos próximos 3 anos coa posibilidade de prorrogarse ata o primeiro semestre de 2022.
Na actualidade residen no Centro 10 nenos, nenas e adolescentes con idades comprendidas entre os 5 e os 17 anos. O Centro atópase nos últimos anos sempre por riba do 100% de ocupación.
A Consellería de Política Social ten previsto para o mantemento deste servizo nos próximos 6 anos investir casi que 1.200.000 €.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



