O Equipo Infantil do Maderas Barcia Lourenzá participará este domingo 22 de maio en Elviña no Cto. Galego por Equipos xunto á Agrupación Viguesa, Atletismo Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Atletismo Femenino Celta, Olímpico de Vedra, Franciscanos de Lugo, Riazor, Ourense Atletismo, Club Atletismo Sada, Vila de Cangas, Atletismo Friol, C.N. Cedeira, Marineda, Universidad Santiago, Lucus Caixa Rural Galega, Coruña Comarca, Millaraio e Ría Ferrol.
O obxectivo do equipo céntrase en mellorar o oitavo posto conseguido na pista cuberta esta temporada e de estar competindo cos mellores clubs de Galicia unha temporada máis.
A distribución das balas salvo cambios de última hora será:
– Ainara Rguez: A 150 e 1000
– Alba Alonso: A 80 e 80 valados
– Ainhoa López: Lonxitude e Triple.
– Ana Vallines: Altura e 3000.
– Hiba Bouyzar: 1000 obstáculos e relevo.
– Carme Alonso: Relevo.
– Marta Alonso: 220 vallas e relevo
– Uxía Salvatierra: marcha
– Mariña Salvatierra: 500 e relevo
– Mencía Mtnez-Sierra: Peso e disco
– María Vallines: Martelo e Xabalina.
Control de marcas en Lugo para cadetes e xuvenís
Os cadetes e xuvenís acudirán este sábado 21 de maio ao control de marcas que terá lugar en Lugo nas pistas Gregorio Pérez. Buscarán marca mínima para o Campionato galego: Irene García en 300 e xabalina, Cristian Piñeiro en triple e 300, Lidia Barreira en altura e lonxitude, Nerea Bajatierra a peso, Genito Pérez a 100, 2000 obstáculos e altura, Pablo Irimia en 1500 lisos, Luís Pérez a 2000 obstáculos, Andrea Cancio a 100 lisos e Bruno Santos a martelo e disco.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
