A Mariña, 25 de maio de 2016.- O coordinador comarcal dos populares e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, quixo poñer en valor o feito de que ata catro veciñas e veciños da nosa comarca formarán parte da candidatura desta formación política ás Cortes Xerais.
Máis en concreto son tres mulleres e un home:
Na papeleta ao Congreso están –como os seus número dous e tres respectivamente- o actual deputado e concelleiro en Viveiro, Jaime de Olano e a concelleira en Foz, Mercedes González.
Para o Senado forman parte da candidatura a concelleira en O Valadouro, Rocio Blanco Pliego e Mari Mar Fraga, concelleira en Burela.
Balseiro salienta a ampla representación da Mariña pero, sobre todo, que esta toma aínda máis forza considerando que a aspiración do PP é acadar un feito histórico: Que dous populares mariñáns poidan obter escano no Congreso dos Deputados.
O MELLOR EQUIPO
Hoxe se formalizan de xeito oficial as candidaturas ás vindeiras eleccións xerais que, no caso do PP, volven a apostar substancialmente polo mesmo equipo, convencidos de que son as persoas axeitadas para defender os intereses da nosa provincia, da nosa comarca.
ESTABILIDADE FRONTE A EXPERIMENTOS
Para Balseiro as eleccións do 26 de xuño deberían terse evitado e non foi posible desde o momento que diversos grupos preferiron apostar por unha coalición distinta a aquela que lideraba o Partido Popular como forza que tiña maior respaldo electoral.
Así que, en consecuencia, Balseiro asegura que os populares da Mariña lucense van a intentar contribuír a unha maioría que permita un goberno estable fronte á alternativa baseada nos extremismos ideolóxicos ou na falta de experiencia e de xestión.
Anuncia para iso que farán unha campaña de proximidade, que non canse aos electores, pero que nos permita ter un contacto dun xeito moi directo coas veciñas e veciños para explicarlles o noso proxecto e as distintas iniciativas que propoñemos para dar solucións aos problemas que percibimos e para afrontar os retos existentes.
OS QUE MELLOR REPRESENTAN Á MARIÑA
“Os datos demostran que a candidatura do PP é a que mellor representa A Mariña lucense, a que mellor coñece as súas necesidades, a que máis aposta pola nosa comarca e agardamos tamén a que maior confianza poida obter entre os seus veciños. Xa aconteceu en decembro, e aspiramos a incrementar ese apoio. Daquela 17.609 homes e mulleres decidiron darlle a confianza ao noso partido converténdonos, unha vez máis, na primeira forza política desta comarca. O 26 de xuño, temos unha nova oportunidade de situar a dous mariñáns no Congreso dos Deputados”-conclúe Balseiro.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



